A lei de descanso dominical

lei de descanso dominical

A lei de descanso dominical

Autoría
Sen datos
No ano 1904, baixo o goberno de Antonio Maura, aprovouse a Lei de descanso dominical pola que se prohibía o traballo en domingo. Coa instauración do liberalismo a tradicional festividade relixiosa do domingo perdera a súa consideración, especialmente no mundo das fábricas nas que se pasou ao traballo constante con xornadas semanais de entre 70 e 80 horas. Co apoio dos grupos obreiros e da igrexa cátolica aprobouse finalmente a lei, aínda que contaba con moitas excepcións tanto en sectores como en localidades, como foi o caso de Santiago de Compostela que en 1910 veu recoñecida a excepción do seu mercado dominical pola importancia que tiña para a cidade.
Mais coa chegada da II República vai perder ese beneficio polo que o alcalde Raimundo López chama as principais forzas vivas da cidade, entre as que se atopa a Real Sociedade Económica, para consensuar as medidas a tomar.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da RSEAPS. G100/994.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
05-07-2022