A loita contra os foros

foros

A loita contra os foros

Autoría
Sen datos
A comezos do século XX Galicia constituíuse no berce do Agrarismo na península. Entre 1898 e 1907 fundáronse 273 sociedades agrarias cunha finalidade inicial vinculada ao ámbito produtivo, mais pronto foron plataformas de reivindicacións sociais e políticas. Neste contexto a Sociedade Agraria de Teis (Vigo) organizou un gran mitin en 1908 contra os foros, ao que se adheriron numerosas sociedades da provincia e no que se fundou o chamado Directorio Antiforista de Teis. Pronto os grandes mitins antiforais chegarían a todos os recantos de Galicia.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da RSEAPS. GP538/783.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
20-01-2022