As milicias universitarias

Monte La Reina

As milicias universitarias

Autoría
Sen datos
Consistían nunha modalidade opcional de facer o servizo militar obrigatorio para os estudantes universitarios dos últimos cursos e os acabados de licenciar. Durante dous veráns, do un de xuño ao trinta e un de agosto, permanecían en campamentos militares onde facían a instrución. Os estudantes do noroeste peninsular e de zonas de Madrid acudían todos os anos ao campamento de Monte La Reina, preto de Toro (Zamora), onde era costume mandar postais do campamento como a que hoxe mostramos a familiares e amizades contando as súas experiencias.
Eduardo Vilariño Pintos, compostelán licenciado en dereito, mandou está postal a súa irmá Daría no mes de xullo de 1963 onde falaba dos preparativos dos “ensaios militares” e do moito calor que tiñan que soportar. Alí coincidiría nese verán cun xoven alférez de complemento, Felipe González Márquez, aínda que descoñecemos se chegaron a coñecerse ou tan sequera falar.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da Familia Vilariño Pintos. Postal 2/713.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
12-07-2022