A muller e as cartas de recomendación

carta recomendación

A muller e as cartas de recomendación

Autoría
Sen datos
Realidade coñecida desde antigo, as cartas de recomendación xeneralizáronse no século XIX e nin tan sequera o “desastre” do 98 foi quen de poñer fin a estas prácticas. Deste xeito entraron no século XX como alicerces fundamentais da armazón política. Mais se as recomendacións redactadas por homes reflectían as cadeas de favores para controlar os votos das distintas localidades, nas que se observan peticións para colocar a terceiras persoas, as escritas por mulleres manifestan a necesidade de colocar aos membros da súa propia familia, como fillos ou irmáns, xa que os seus maridos por orgullo ou vergoña non se atrevían a facer eles mesmos a petición.
Tal é o caso que hoxe presentamos, no que Ramón Bustelo, deputado e senador moitos anos pola zona de Ribadeo, recibe a misiva dunha muller para que interceda nas oposicións do seu fillo que por idade está xa na derradeira oportunidade para aprobar.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Casa de Banca e Comercio Bengoechea. GP103/3.27.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
01-02-2022