O antigo matadoiro de Santiago de Compostela

matadoiro de santiago

O antigo matadoiro de Santiago de Compostela

Autoría
Sen datos
 
No século XVII na antiga Praza das Tripeiras (actualmente Praza do Matadoiro), grazas a abundancia de auga e a proximidade a unha das portas de entrada á cidade, prosperaron os espazos dedicados a curtidoiros. Mais, cando por motivos de saúde, as ordenanzas municipais obrigaron a trasladar os curtidoiros lonxe do núcleo urbano, o lugar vai ser aproveitado para a construción no 1696 do matadoiro municipal. A importancia do seu cometido ao longo dos séculos terminaría por darlle nome á praza onde se asentaba ata que no século XX, de novo unha ordenanza, manda trasladar os matadoiros fora do espazo urbano. O edificio baléirase e utilízase ocasionalmente como depósito do parque móbil municipal. Finalmente no 1984 decídese o seu derrubo e a construción da polémica casa de xuventude cun dubidoso encaixe estético na zona, polémica que aínda continúa na actualidade.
Presentamos hoxe unha fotografía de 1973 pertencente á serie de expedientes de autorización para a concesión de licenzas de obra por parte dos concello,s nas que é habitual presentar fotografías dos vellos edificios ou parcelas onde se pretende obrar e, deste xeito, constitúen unha magnífica testemuña das transformación das cidades non últimos 50 anos.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. FA12657.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos
Data de creación
27-10-2021