
O boom turístico
Autoría
Sen datos
Nos anos 60 do pasado século o turismo en España crece a un ritmo vertixinoso pasando dos seis millóns de turistas aos 24 en só unha década. As campañas de promoción no estranxeiro, o aumento dos salarios e a aparición dos coches utilitarios acercaron as clases medias ao soño de pasar unhas vacacións xunto ao mar.
Aínda que a maior parte destes turistas elixiron como destino a costa mediterránea, Galicia tamén beneficiouse deste incremento e dun xeito especial a Illa da Toxa que contaba cunha longa tradición como lugar de lecer. A empresa Fotografía Aérea e Terrestre, S.L. (FOAT) especializouse nos anos 60 en fotografías empregadas en campañas turísticas como a que hoxe amosamos.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da empresa FOAT.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
07-07-2022