O castelo de Vilamarín

vilamarín

O castelo de Vilamarín

Autoría
Sen datos
Situado nunha pequena elevación rochosa a uns dous quilómetros da capital do concello do mesmo nome, presenta unha orixe descoñecida. Na Baixa Idade Media aparece vinculado aos condes de Ribadavia sufrindo o asalto dos irmandiños no 1467, para posteriormente pasar aos condes de Maceda que, a finais do século XVII, lle conferiron o actual aspecto de pazo fortificado.
O edificio ten unha planta irregular produto dos diversos engadidos ao longo do tempo. Nel destacan as cinco torres con matacáns apoiadas en modillóns, tres circulares e dúas cadradas. Conserva as barbacás, seteiras e o camiño de ronda pola parte oeste, mais non conserva nada do ameado que foi substituído por unha cornixa.
Hoxe desde o Arquivo de Galicia presentamos unha foto deste castelo ou pazo-fortaleza pertencente ao fondo de Manuel Chamoso Lamas do ano 1965.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Arquivo fotográfico de Manuel Chamoso Lamas. G73331-09.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
25-01-2022