O mosteiro de Caaveiro

mosteiro de caaveiro

O mosteiro de Caaveiro

Autoría
Sen datos

Situado no corazón das Fragas do Eume, foi fundado por San Rosendo no século X se ben o seu momento de esplendor comeza coas importantes doazóns de terras nos arredores outorgadas polo rei Alfonso VII. De feito os restos máis antigos que quedan, como a cabeceira e parte da nave, pertencen a esa época, nun románico que tivo que adaptar as súas características aos importantes desniveis do terreo onde se erixe. No século XVIII inicia a súa decadencia que terá o seu punto culminante coa desamortización no que fica abandonado. A pesar de varios intentos de reconstrución nos séculos XIX e XX o cenobio chega a un estado ruinoso ata que nos anos oitenta a Deputación da Coruña faise coa súa propiedade. As múltiples intervencións fixeron que o conxunto puidera abrirse ao público finalmente no ano 2006.
Hoxe presentamos unha fotografía que amosa o estado do interior no ano 1979 cando se inician as expropiacións dos terreos como primeiro paso para a súa conservación.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. G69424-01.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos
Data de creación
03-12-2021
Tipo de publicación seriada