
O mosteiro de Monfero
Autoría
Sen datos
Situado na contorna das Fragas do Eume, este mosteiro de orixe altomedieval foi reconstruído no século XII dentro xa da regra cisterciense da man de Alfonso VII. Na actualidade consérvase a igrexa, mentres que as dependencias monacais están en moi mal estado.
A igrexa, de enormes dimensións cos seus máis de 60 metros de lonxitude, é un templo barroco do século XVII que substituíu á fábrica románica. Presenta planta de cruz latina con cruceiro e cabeceira rectangular. Exteriormente destaca pola súa espectacular fachada. Fronte os tramos cóncavos e convexos propios do barroco, presenta catro colosais columnas e dúas pilastras que lle dan un carácter colosal e ascensional, mentres que a orixinal combinación en xadrezado de placas cadradas de granito e xisto de distintas cores contribúen a crear unha sensación de dinamismo e de xogo de luces.
No seu interior destacan a enorme cúpula do cruceiro, os sepulcros góticos da familia dos Andrade no altar maior e no cruceiro, e o retablo en pedra da Virxe da Cela.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Planos da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais. PV1725.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
Sen datos