O partido comunista na clandestinidade: a celebración do 50 aniversario da revolución rusa

carta

O partido comunista na clandestinidade: a celebración do 50 aniversario da revolución rusa

Autoría
Sen datos
No día 27 de outubro do ano 1967, data do 50 aniversario da Revolución Rusa, o Partido Comunista, xunto co seu sindicato afín Comisións Obreiras, tiña previsto organizar unha xornada de paros e reivindicacións nos principais centros fabrís do país. Aínda que tiveron un impacto moito menor que a folga mineira de 1962, “La Huelgona”, os importantes apoios que tiña o sindicato nas zonas mineiras propiciou que se pararan moitas das principais minas asturianas. No mes seguinte, Comisións Obreiras, infiltrada nos Sindicatos Verticias Franquistas, sería declarada subversiva e ilícita. Comenzaban anos de dura represión contra os seus militantes.
Hoxe desde o Arquivo de Galicia presentamos unha carta do Delegado Provincial de Sindicatos en Oviedo quen, coñecedor de que algo se estaba a preparar para esa xornada, alerta aos directores das principais empresas da provincia para que se estremen as precaucións. Dentro de estas empresas non podía faltar a filial avilesina da conserveira canguesa Massó Hermanos.
Arquivo de Galicia. Fondo da fábrica de conservas Massó Hermanos, S.A. G5252-02.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos