
O petróglifo da Sartaña
Autoría
Sen datos
Situado na parroquia de Queiruga no concello de Porto do Son. Trátase dunha pedra de gran tamaño con dous corpos onde aparecen gravadas moitas formas, mais todas elas non son prehistóricas. Mais ben ao contrario, a maioría son motivos feitos en diferentes épocas como poden ser os símbolos relixiosos para cristianizar lugares pagáns. Os propiamente prehistóricos resultan difíciles de ver e serían unha forma circular e un grupo de cervos dispostos de esquerda a dereita.
Hoxe presentamos unha fotografía pertencente a un álbum que supoñemos vinculado cun estudo do petróglifo feito en 1991.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
18-01-2022