O prezo do purgatorio

indulxencias

O prezo do purgatorio

Autoría
Sen datos
O triunfo da teoría do purgatorio na Idade Media permitiu a igrexa recibir unha serie de ingresos continuos que, unidos ao décimo, constituían a base principal da súa economía. Deste xeito a dotación de capelanías, obras pías ou as confrarías sacramentais contribuían a acortar o tempo que se pasaba no purgatorio antes de chegar o reino dos ceos.
Hoxe presentamos o programa devocional de Pura Taboada, pertencente á Real Archiconfraría Virxe Madre do Amor Fermoso, para o ano de 1912. Nel ven estipulado, para todo o ano, os días do mes e a imaxe da virxe a quen deberá facer a visita de devoción. Segundo consta no programa recibirá 1.492 días de indulxencias por cada visita, o que fai un total de 17.904 días anuais de indulxencias. O tempo de paso no purgatorio das almas acortábase sensiblemente.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Pazo de Golmar. G638/40.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
20-09-2022