Os antigos viveiros do "Francés" en Cambados

foto dos viveiros

Os antigos viveiros do "Francés" en Cambados

Autoría
Sen datos

Aínda que os de Carril son os máis coñecidos, existiron viveiros ao longo de todo o litoral da Ría de Arousa. No lugar de Fefiñáns, concello de Cambados, funcionou un destes viveiros chamado do “Francés” pois o areal, ao quedar completamente seco coa baixada da marea, era ideal para o cultivo do mexillón e, debaixo deste, da ameixa. Pouco máis sabemos da historia deste viveiro que tivo o seu período de esplendor durante os anos vinte do pasado século para ser abandonado nos anos setenta, e cuxos restos das parcelas, a piques de desaparecer, aparecen recollidos no apartado de “mundo do mar” do inventario do patrimonio etnográfico de Galicia.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. G85005-43.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos