
Os cabaqueiros
Autoría
Sen datos
“Taxicar cabacas e toupos a ghoucha”: “facer tella e ladrillo a man” era o oficio dos telleiros, coñecidos na zona do Salnés e do Baixo Miño con nome de cabaqueiros por traballar a cabaca (tella) na cabaqueira (telleira), nomes procedentes da xerga dos telleiros: o “latín ou verbo dos daordes ou dos cabaqueiros” Traballo duro e estacional, os cabaqueiros reuníanse constituíndo cuadrillas e desenvolvían o seu traballo en torno a unha telleira dun só potro (banco) e como mínimo cinco traballadores. O xefe ou buxa podía ser ou non o propietario, desempeñaba o cargo de oficial e dirixía e administraba o traballo na telleira, tamén era o encargado de “cortar” o barro ou lasqueo preparando a tella. Xunto ao oficial estaba o tendedor coa ferramenta chamada formal debía recoller a tella, coa máxima rapidez, de mans do oficial. Para este posto valorábase enormemente a destreza e rapidez, por iso, o cabaqueiro tendedor acostumaba ser un mozo, que corría a tender a tella na eira para que o aire ou frúa e o sol ou melco as secase.
O pieiro era o encargado de amasar o barro (sobar a xunca) na pía, facíao cos pés ou ghouchóns axudado por un cabalo (belbo). O carreteiro ou chioneiro era o encargado de transportar o barro dende a pía a eira, e finalmente estaba o pinche, un “primerizo” ou aprendiz, neno de 10-11 anos que saía a tellar por primeira vez e facía de recadeiro para a cuadrilla.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Inventario do Patrimonio Etnográfico. Mundo do Mar.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
13-01-2022