Os muíños do Folón

Folón

Os muíños do Folón

Autoría
Sen datos
Presentamos hoxe unha das fotografías presentadas no proxecto de conxunto etnográfico dos muíños de Folón para a súa declaración como Ben de Interese Cultural de Galicia feitas en 1994. O conxunto dos muíños de Folón e Picón, situados na parroquia de Santa Mariña do concello pontevedrés do Rosal, esta composto por un total de 67 muíños hidráulicos dos séculos XVII e XVIII, agrupados e aliñados en formación de fervenza para aproveitar a pendente das ladeiras da Groba. A súa vida útil chega ata os anos trinta do pasado século onde empezan a ser abandonados coa chegada da electricidade.
Catro anos despois de presentado este proxecto o concello do Rosal alcanzou o seu obxectivo coa definitiva declaración de BIC dos muíños, paso imprescindible para a súa conservación e restauración.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G84968-02.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
20-09-2022
Tipo de publicación seriada