Os náufragos do Son

mariñeiros falecidos

Os náufragos do Son

Autoría
Sen datos

O inverno do ano 1878-79 fora un dos peores que se recordaban. Unha vaga de frío e choiva varreu Europa occidental estragando as colleitas e impedindo na maioría dos días a saída dos mariñeiros á mar. O sábado 8 de febreiro de 1879, tras oito días sen poder saír a faenar, os mariñeiros de Porto do Son aproveitaron o que parecía unha tregua meteorolóxica, mais en plena pesca colleunos de súpeto un furacán de vento e choiva que provocou o afundimento de dúas lanchas e a morte de 28 mariñeiros que deixaban 17 viúvas e 40 fillos.
O acontecemento foi unha conmoción en toda Galicia e provocou unha vaga solidaria na que tivo un papel destacado a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. A Institución, que tiña recollida nos seus estatutos a actividade benéfica como unha das súas principais actividades, participou na creación da Xunta Provincial de Socorros e fixo unha gran campaña de subscrición entre os seus socios ata o punto de se converter nun dos maiores doantes.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da RSEAPS. G501/396.1.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2021
Editorial
Sen datos