As pinturas murais de Santa María de Burela

flaxelación

As pinturas murais de Santa María de Burela

Autoría
Sen datos
A antiga igrexa de Santa María, popularmente coñecida como a igrexa da Vila do Medio, deixou de ter culto no ano 1962 pasando un anos de abandono e ruína. Construída no século XV, as importantes reformas no século XVIII modificaron o seu aspecto e fixeron desaparecer unhas pinturas murais baixo capas de cal. Mais o abandono do templo fixo que se desprendera parte da cal e saíran á luz fragmentos de escenas tais como a flaxelación ou a das santas mulleres ante o sepulcro.
Hoxe presentamos unha pequena escolma destas pinturas murais do gótico tardío recollidas nun informe de restauración do ano 1991.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G79666-05.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos