As roupas dos mariñeiros

vello mariñeiro

As roupas dos mariñeiros

Autoría
Sen datos

Dentro das fichas do inventario do patrimonio atópase unha serie adicada ao mundo do mar na que, xunto ás embarcacións tradicionais e os aparellos de pesca, podemos ver outras interesantes como a relativa a roupa de augas dos mariñeiros. Se a partir dos anos 50 impuxéronse as roupas de materiais sintéticos e as botas de goma, o certo é que desde mediados do século XIX os lenzos impregnados en aceite de liñaza e as botas con solas de madeira eran o predominante. Feitas polas mulleres dos mariñeiros e as botas por zapateiros, estas vestimentas polo seu custo eran empregadas soamente cando facía mal tempo ou mala mar pois, do contrario, os mariñeiros facían as faenas do mar descalzos e con farrapos vellos.
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Xunta de Galicia. Cultura. Inventario do Patrimonio Etnográfico. G85005-42.

ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
04-01-2022