San Roque peregrino

san roque

San Roque peregrino

Autoría
Sen datos
Aínda que se recoñece unha posible peregrinación a Roma deste relixioso francés do século XIV, nada hai que o vincule á tradición xacobea. Porén, desde moi antigo relacionouse cos peregrinos que realizaban o camiño por motivos de saúde. Deste xeito a súa imaxe estendeuse por toda Galicia cos seus elementos singulares, como a ferida ulcerosa ou a figura do can ao seu carón, mais acompañado dos atributos propios dun Santiago Peregrino como son a capa con esclavina, o bordón, o sombreiro ou as clásicas cunchas de vieira.
Arquivo de Galicia. Xunta de Galicia. Cultura. Inventario de Bens Mobles da Igrexa. G58621-02.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
11-01-2022