Ás súas ordes, don Eugenio

Montero Ríos

Ás súas ordes, don Eugenio

Autoría
Sen datos
Eugenio Montero Ríos foi unha das grandes figuras da España da Restauración, ocupando diversos cargos ministeriais, a presidencia do Consello de Ministros, ou a do Tribunal Supremo entre outros. Nacido en Santiago de Compostela, chegaría a crear unha armazón política en Galicia de tal calibre, apoiada nos seus familiares, que non se lle escapaba nada do que ocorrese nas catro provincias. Dentro desta armazón política destacaba a colocación dos seus recomendados, sendo moi frecuente a correspondencia na que pedía por tal ou cal persoa. Mais ata o de agora non nos atopáramos cunha carta tan contundente como a que hoxe amosamos. Nela, da man de seu fillo, o deputado Eugenio Montero Villegas pide a Eduardo Vilariño, comisario rexio da escola de artes industriais de Santiago, que cree unha nova praza de mestre nesa escola cunha dotación económica determinada, que lla adxudique ao seu recomendado e que o faga ao momento, “á vuelta de correo”. Só nos queda dicir: ás súas ordes, don Eugenio ...
Arquivo de Galicia (Santiago de Compostela). Fondo da Familia Vilariño Pintos. G12320/01.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos