Vigo e o seu porto

porto de vigo

Vigo e o seu porto

Autoría
Sen datos
“Vigo e seu porto van unidos nun só pensamento. Falar de Vigo e falar do seu porto”. Esta frase pertence a Eduardo Cabello, enxeñeiro xefe do porto na primeira metade do século XX e o responsable da transformación das infraestruturas portuarias co peirao da costa no Berbés, a dársena de Guixar e o peirao do comercio. Estas melloras impulsarán o crecemento industrial da cidade.
Na foto, que supoñemos dos anos cincuenta, observamos as transformacións do porto pesqueiro coa ribeira do Berbés e o forte desnivel que conduce a antiga panificadora e, ao fondo, o monte do Castro.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Fondo da familia Vilariño-Pintos, 2/423.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
08-02-2022