A Virxe Peregrina

San Breixo de Lamas

A Virxe Peregrina

Autoría
Sen datos
A advocación da Virxe María como peregrina, aínda que posiblemente inspirada na cantiga XLIX de Alfonso X o Sabio onde aparece acompañando aos peregrinos, ten a súa primeira representación na escola-seminario dos franciscanos de Sahagún, un dos máis importantes lugares do Camiño Francés, no século XVI. Este modelo estenderase a outros lugares da ruta xacobea como A Rioja ou Pontevedra, onde guiaba aos camiñantes desde Baiona a Compostela. A iconografía a representa con esclavina decorada con cunchas de vieira, o bordón cunha cabaza na man dereita mentres que coa esquerda suxeita ao neno Xesús quen tamén leva unha pequena cabaza na man.
Sirva de exemplo esta imaxe da igrexa de San Breixo de Lamas no concello da Estrada, posiblemente do taller compostelán de José Gambino no século XVIII.
Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Cultura. G58071-02.
ISBN
Sen datos
Depósito legal
Sen datos
Prezo
Sen datos
Ano de publicación
2022
Editorial
Sen datos
Data de creación
31-03-2022