BOLSAS DE FORMACION EN ARQUIVOS 2014-2015

BECAS DE FORMACION EN ARCHIVOS 2014-2015
06 Xul 2015

BOLSAS DE FORMACION EN ARQUIVOS 2014-2015

Neste tempo, o seu traballo principal desenvolveuse na actualización e posta ao día do Censo Guía de arquivos da provincia de Pontevedra, utilizando as normas de descrición arquivística e realizando fichas ISAD(G)-NOGADA e ISDIAH, a nivel de fondo e institucións de arquivo.
Na segunda metade de duración da bolsa, a súa formación concretouse na aprendizaxe do funcionamento dun arquivo histórico e intermedio, adquirindo formación teórico-práctica sobre todas as tarefas arquivísticas de tratamento técnico e organización da documentación ata a súa posta en servizo aos/ás usuarios/as: cidadáns, investigadores/as e a propia administración.
Os fondos nos que desenvolveron as súas tarefas foron moitos: Hacienda de Pontevedra (Catastro do Marqués de Ensenada, Catastros de rústica e urbana, Exptes. de comprobación de valores...), Protocolos notariais, Goberno Civil, concellos de Tui e Pontevedra, fondos familiares... Participaron de todas as tarefas arquivísticas: recepción da documentación, identificación, clasificación, ordenación.... ata a atención ao público.
As súas tarefas desenvolvidas neste arquivo foron de plena satisfacción tanto pola súa boa disposición e actitude como pola constante demanda de prácticas formativas, acompañando sempre ao persoal técnico no desenvolvemento do seu traballo arquivístico, o que repercutiu positivamente nelas, implementando a súa formación e cualificación en arquivos, obxectivo principal das bolsas.
Estas bolsas de formación en materia de arquivos son sempre ben recibidas pola dirección deste arquivo porque aínda que as actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no arquivo piden tempo e atención para os/as bolseiros/as por parte do persoal técnico e directivo, este proceso repercute positivamente no propio arquivo ao actualizar os tratamentos arquivísticos dos seus fondos e axilizar a atención ao público.
Desde este arquivo queremos transmitir a nosa satisfacción e agradecemento pola estadía formativa dos/as bolseiros/as, pois aparte de cumprir axeitadamente as súas obrigas, mostraron unha gran curiosidade e demanda de formación e colaboraron activamente en todas as tarefas e actividades arquivísticas propostas polo AHPPo.