TALLER DE FOTOGRAFÍA: IVÁN NESPEREIRA E LUIS DÍAZ DÍAZ

Taller de fotografía

TALLER DE FOTOGRAFÍA: IVÁN NESPEREIRA E LUIS DÍAZ DÍAZ

TALLER DE FOTOGRAFÍA: IVÁN NESPEREIRA E LUIS DÍAZ DÍAZ
 
O 14 e 15 de xaneiro desenvolverase nas instalacións do Arquivo Histórico Provincial de Ourense un taller de fotografía impartido por Iván Nespereira e Luis Díaz Díaz.
Ademais, o venres 14 ás 20:00 h os profesores darán unha conferencia aberta ao público (1 h e 30 m. aprox.) na que estarán incluídos os participantes no curso.
Estas actividades enmárcanse dentro do proxecto "Percorrer o tempo. Visión contemporáneas do Camiño” (Xacobeo 21-21 / Xunta de Galicia).
 
Está dirixido a fotógrafos e fotógrafas, e calquera persoa interesada na práctica artística ou fotográfica contemporánea.
Os artistas que imparten o taller achegarán aos participantes a súa metodoloxía de traballo e como realizan os seus proxectos, referentes, etc. e traballarán co material dos participantes que queiran compartilo xerando dinámicas dentro do taller.
 
Horarios: venres 14 de 16 a 20 h e sábado de 10 h a 14 h.
 
Inscrición:
As persoas interesadas en inscribirse deberán remitir a solicitude ao enderezo electrónico: arq.prov.ourense@xunta.es cubrindo o seguinte cuestionario:
- Nome:
- Idade:
- Profesión:
- Breve explicación do seu interese no taller:
- Compromiso de estar presente durante todo o taller
 
Comunicarase a aceptación por correo electrónico por parte do Arquivo.
Destacar en portada
Desactivado