
Día Internacional da Muller 2023: Conferencia de Ofelia Rey Castelao
O día 7 de marzo, ás 19:00 h, a catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago Ofelia Rey Castelao e Premio Nacional de Historia de España 2022 ofrecerá unha conferencia no Arquivo do Reino de Galicia baixo o título: "Mulleres e historia: o fío que nos une".
Será na sala de conferencias do arquivo (planta baixa). A entrada é libre ata completar o aforo.