
Día Internacional dos Arquivos
O día 9 de xuño celebramos o Día Internacional dos Arquivos. Con este motivo, o Arquivo do Reino de Galicia realizará xornadas de portas abertas, con visitas guiadas para ver as súas instalacións e os fondos documentais que custodia os días 8, 9 e 10 de xuño, cos seguintes horarios:
- Mércores 8: 18.00 h.
- Xoves 9: 12.00 e 18.00 h.
- Venres 10: 12.00 h.
Entrada libre ata completar o aforo.
Xardín de San Carlos s/n.
Tfno.: 881 960 360
Correo-e: arq.reino.galicia@xunta.gal