Expropiación

Expropiación
14 Set 2022
14 Dec 2022

Expropiación

Estas fotografías pertencen ao fondo documental da casa de banca e de comercio  "Hijos de Simeón García y Compañía" de Vilagarcía de Arousa, doado no seu día ao Arquivo. Amosan dúas rúas de Vilagarcía na década de 1960 onde se situaban propiedades da empresa expropiadas para a construción da "avenida" (rúa) Conde de Vallellano.

Os documentos que as acompañan e a propia información que consta no verso das fotografías subliñan máis unha vez, por se se nos esquece, a importancia que ten o contexto nos arquivos. Eses datos dinnos por que se tomaron esas fotografías, que locais foron os afectados polas expropiacións, que superficie tiñan, onde estaban situados... E ofrecen novas tamén acerca de dúas persoas que tiveron algo que ver con aquel proceso, que, pola súa transcendencia, demandou a conservación dunhas simples fotografías, unha nota escrita nun caderno e unha carta mecanografada.

O conxunto ten a signatura 29274-10.