Subvencións
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro da orde de 12 de xullo de 2013, colaborou con 17.052,04€ na organización do Arquivo Histórico da Confraría de Pescadores de Burela.
No contexto do patrimonio cultural a cultura mariñeira está pouco recoñecida e divulgada, polo que este arquivo adquire unha relevancia especia ao tratar de poñer en valor o patrimonio documental da entidade, difundir o patrimonio mariñeiro e facer accesibel o fondo documental aos usuarios do arquivo.