Prórroga das bolsas de formación en materia de arquivos

Prórroga das bolsas de formación en materia de arquivos

Bolsas de formación

Orde do 27 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2014

Con data de 1 de xaneiro de 2015 prorróganse as 20 bolsas de formación en materia de arquivos por seis meses máis, de xaneiro a xullo de 2015.

Os destinatarios son graduados universitarios con formación académica en Arquivística. A formación se desenvolve en arquivos dependentes da Consellería de Cultura, Educacíón e Ordenación Universitaria (Arquivo de Galicia en Santiago de Compostela, Arquivo do Reino de Galicia na Coruña, Arquivo Histórico Provincial de Lugo, Arquivo Histórico Provincial de Ourense, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra e Arquivo Territorial da Xunta de Galicia en Vigo) e nos arquivos municipais de Muíños, Porto do Son e O Barco de Valdeorras.

A contía das bolsas é de 107.406€