Subvencións
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 12 de xullo de 2013, coa Fundación Luis Tilve na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 19.408,42€. Os traballos consistiron na organización dos novos fondos documentais e transferencias do arquivo histórico do movemento obreiro da Fundación.