Restauración de libros do Arquivo Municipal de Toén

Restauración de libros do Arquivo Municipal de Toén

Subvencións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro da orde de 12 de xullo de 2013, colaborou con 3.400€ na restauración de libros de defuncións dos anos 1849-1855 custodiados no Arquivo Municipal de Toén.

Debido ao exceso de humidade ambiental o papel estaba nun estado grave de degradación, sendo perigoasa a súa manipulación, xa que podería supoñer perdas do soporte.

Trala aplicación dos distintos procesos de restauración os libros están estabilizados e todas as alteracións corrixidas dende o punto de vista de conservación.