Catalogación de protocolos notariais do Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela

Catalogación de protocolos notariais do Arquivo Catedralicio de Santiago de Compostela

Subvencións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou coa Catedral de Santiago de Compostela, ao abeiro da orde de 12 de xullo de 2013, no proceso de organización e indexación dos fondos de protocolos notariais do Arquivo catedralicio (1650-1660).

Estes traballos inclúense nun proxecto de tratamento documental que culmine coa elaboración e posterior publicación dun catálogo dos protocolos notariais custodiados no Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela.