Conservación e mellora dos documentos históricos da Fundación Bautista Álvarez

Conservación e mellora dos documentos históricos da Fundación Bautista Álvarez

Subvencións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao abeiro da orde de 12 de xullo de 2013, colaborou con 2.250€ na conservación do Arquivo da Fundación Bautista Álvarez.

O valor cultural de promoción da cultura galega da Fundación é alto xa que posúe unha documentación única e exclusiva das diferentes asociacións culturais e sociopolíticas da segunda metade do século XX, sobre todo a partires dos anos 60.