Axudas a arquivos galegos 2015

Axudas a arquivos galegos 2015

Subvencións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para 2015, (Orde do 6 de marzo de 2015, dog núm. 55, do 23 de marzo de 2015).

A finalidade das axudas serán as actuacións que teñan por obxecto:

     1. Organización de fondos documentais

     2.  Mellora dos locais de arquivo

Os destinatarios son os arquivos das universidades, dos entes locais e das entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións técnicas de arquivos dispoñibles no portal de arquivos de Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente Orde no Diario Oficial de Galicia (DOG, nº 55, do 23 de marzo de 2015). O prazo remata o día 23 de abril de 2015.

Descargas