En 2015, adxudicáronse a través desta liña de subvencións –dotada con 77.740 euros–, axudas para un total de 14 proxectos, entre os que se inclúen, xunto co da Fundación Rosalía de Castro, os presentados polas universidades da Coruña e de Santiago de Compostela, polos concellos de Arzúa, Ortigueira e Boimorto, polo Bispado de Tui-Vigo e polas fundacións Xaime Isla Couto, Penzol e Uxío Novoneyra.
Mellora dos arquivos universitarios, locais e de entidades sen fin de lucro
A Consellería de Cultura e Educación é o órgano encargado da dirección e coordinación do exercicio das competencias da Xunta de Galicia relativa ao sistema de arquivos de Galicia.
A través da Secretaría Xeral de Cultura, o departamento vén reforzando a protección, conservación e difusión do patrimonio documental de Galicia mediante unha convocatoria de axudas que ten como obxectivo colaborar no financiamento de actuacións que garantan a organización, descrición e dixitalización dos fondos documentais, así como a mellora das instalacións dos arquivos universitarios galegos, dos arquivos de entes locais (concellos, principalmente) e das entidades sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia.