Beneficiarios:
Licenciados universitarios ou titulación equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) en que predomine a formación en historia e/ou arquivística
Acreditación de dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
Non ter gozado de ningunha bolsa convocada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a organización e descrición de arquivos galegos.
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.
Obxecto:
As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e dos seus fondos documentais. Os bolseiros serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Importe:
Para a concesión das bolsas destinarase un crédito total de 111.634,48 euros, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:
- 10.20.432A.480.1: 107.406 euros
- 10.20.432A.484.0: 4.228,80 euros
Número de bolsas: 20.
Duración máxima: 6 meses. Poderanse prorrogar ata outros seis meses en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017.
Importe bruto mensual de cada bolsa: 895,05 euros
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinará 35,24 euros por bolseiro/a e mes en concepto de cotizacións á Seguridade Social.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes:
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da Orde no Diario Oficial de Galicia.