Organización dos fondos documentais da Fundación Luis Tilve

Organización dos fondos documentais da Fundación Luis Tilve

Subvencións

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Luis Tilve na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.979,78€.

Os traballos consistiron na organización da documentación de organizacións obreiras doadas por particulares ao Arquivo histórico do movemento obreiro da Fundación Luis Tilve, concretamente 50 unidades de instalación de 1903 a 2013.

Trátase de documentos da UGT-Galicia e das federacións e unións comarcais dela dependentes, especialmente a Federación de Traballadores da Ensinanza e a Unión Comarcal da Coruña, así como documentación do PSdeG-PSOE e agrupacións provinciais, comarcais e locais.