Axudas en materia de arquivos. Convocatoria 2016

Axudas en materia de arquivos. Convocatoria 2016

Subvencións
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos para o ano 2016.
 Os destinatarios son as Universidades, entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.
A finalidade da axuda é a realización de actividades de organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico, e a dixitalización de patrimonio documental custodiado en arquivos galegos.  
Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións técnicas de arquivos dispoñibles no portal de arquivos de Galicia.
 
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta Orde no Diario Oficial de Galicia (dog núm. 65, do 6 de abril de 2016). O prazo remata o día 6 de maio de 2016.
 
Orde do 10 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Beneficiarios: Universidades, entes locais e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 77 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia. Obxecto: Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos. A finalidade da axuda é a realización de actividades de organización de fondos documentais dos arquivos galegos e o seu tratamento arquivístico, e a dixitalización de patrimonio documental custodiado en arquivos galegos. As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Importe: Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 77.740 euros coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias: 10.20.432A.744.4: 15.000 euros 10.20.432A.760.0: 32.740 euros 10.20.432A.781.0: 30.000 euros Prazo de presentación de solicitudes: Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
 
 
 
 
 
Descargas