Axudas para descrición de arquivos galegos

Axudas para descrición de arquivos galegos

Subvencións

Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca una orde de axudas destinadas a actuacións en materia de arquivos.

Poderán solicitar una axuda as universidades, os entes locais  e entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de febrero de 2018.

Poden atopar máis información na páxina web da Consellería de Cultura https://www.cultura.gal/es

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180119/AnuncioG0164-261217-0006_gl.html