O Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 28 de xaneiro de 2019 da Consellería de Cultura e Turismo, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. (código de Procedemento CT130A).
- Beneficiarios:
Universidades, entes locais e entidades privadas sen ánimo de lucro galegas que conten cun local estable destinado ao arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.
- Obxecto:
Establecer as bases reguladoras e convocar axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descripción de fondos documentais dos arquivos galegos según a metodoloxía arquivística.
As axudas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, concorrencia, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
- Importe:
Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de cento coarenta e cinco mil euros (145.000€) coa seguinte distribución por aplicacións presupostarias:
11.20.432A.744.4: 10.000€
11.20.432A.760.0: 100.000€
11.20.432A.781.0: 35.000€
- Prazo de presentación de solicitudes: Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190218/AnuncioG0535-010219-0001_gl.html