
Listaxe provisional bolsas 2022
Con data 31 de marzo de 2022 publícase neste Portal e no Portal de Cultura, Educación e Universidade https://www.cultura.gal/gl a listaxe provisional de solicitudes das bolsas de formación en materia de arquivos correspondentes ao programa 2022.
De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 12.3 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.