Bolsas de formación en materia de arquivos. Programa 2024 (Código de procedemento CT110A)

Bolsas de formación en materia de arquivos. Programa 2024 (Código de procedemento CT110A)

As bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos do Sistema de Arquivos de Galicia aos que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

O número de prazas convocadas será de vinte (20), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 11 desta convocatoria e terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Cultura de acordo co centro de destino.

Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.Ter Grao universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.

2. Acreditar coñecemento da lingua galega, nivel perfeccionamento, mediante certificado oficial ou Celga 4.

3.Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Dirección Xeral de Cultura unha vez adxudicada a bolsa.

4. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.

5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a organización e descrición de arquivos de interese galego.