Resolución provisional das axudas en materia de arquivos 2022

Resolución provisional das axudas en materia de arquivos 2022

Con data 1 de marzo de 2022 o Secretario Xeral de Cultura asina a resolución provisional das axudas convocadas pola Orde do Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG núm. 242, do 20 de decembro de 2021). Código de procedemento CT130A.

As entidades solicitantes disporán de 10 días hábiles, que contarán a partir do seguinte ao da data de publicación da proposta provisional, para formular as alegacións que consideren oportunas sobre esta proposta ante a Secretaría xeral de Cultura no lugar e forma indicados no artigo 5 da orde de convocatoria.

Descargas