Prácticas nos arquivos
Prácticas académicas externas de alumnos das universidades galegas
A Consellería de Cultura regula convenios de colaboración coas universidades de Galicia con programas de formación que teñen como obxectivo principal impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de arquivos.
Convenios
- Convenio coa Universidade de Santiago
- Convenio coa Universidade da Coruña
- Convenio coa UNED
- Convenio coa Universidade de Vigo
O alumnado das Universidades Galegas poderá realizar as prácticas externas curriculares ou extracurriculares nos arquivos xestionados pola Secretaría Xeral de Cultura.
Arquivos
- Arquivo do Reino de Galicia (A Coruña)
- Arquivo Histórico Provincial de Lugo
- Arquivo Histórico Provincial de Ourense
- Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
- Arquivo de Galicia en Santiago de Compostela
- Arquivo Xeral Territorial de Pontevedra
- Arquivo Xeral Territorial de Vigo
- Arquivo Xeral Territorial de Lugo
Cursos de formación a través da EGAP
Curso “Dixitalización e preservación de documentos electrónicos”
Preténdese con este curso que os técnicos de arquivo adquiran os coñecementos e a metodoloxía que permita a planificación e xestión de proxectos de forma exitosa no ámbito dos arquivos, como centros de información e difusión de contidos de valor para a sociedade.
Outros cursos ou xornadas