2018

Peso
8

Axudas para descrición de arquivos galegos

Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca una orde de axudas destinadas a actuacións en materia de arquivos.

Subvencións para dixitalización do patrimonio cultural

O 18 de xullo de 2018 publícase no DOG a Resolución do 9 de xullo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia coa finalidade de preservación e difusión a través de Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia, e se procede á súa primeira convocatoria  para os anos 2018-2019, cofinanciada co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco operativo Feder Galicia 2014-2020. DOG núm. 137, do18 de xullo de 2018.

Axudas en materia de arquivos 2018

Con data 17 de xullo de 2018 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde de ampliación do prazo para xustificar as axudas: "o prazo para que os beneficiarios das axudas acrediten e xustifiquen os proxectos subvencionados será ata o 31 de outubro de 2018"

Orde do 5 de xullo de 2018, pola que se modifica a Orde do 13 de decembro de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. DOG núm.136, do 17 de xullo de 2018.

Axudas Arquivos 2018

Con data 24 de abril de 2018 publícase neste Portal de Arquivos a proposta provisional de resolución das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos 2018 (Código de procedemento CT130A).

Segundo o artigo 11.1 da Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos  para o ano 2018, procédese á publicación da proposta provisional de adxudicatarios no Portal de Arquivos de Galicia.

Bolsas de formación en Arquivos 2018

Resolución do 27 de xuño de 2018 pola que se aproban os listados definitivos de admitidos e excluidos e os adxudicatarios das 20 bolsas de formación en materia de arquivos

Axudas para equipamento de arquivos municipais

A  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura, convoca unha orde de axudas destinadas a equipamento e mellora de instalación e locais, e por primeira vez inclúe no seu ámbito de actuación os arquivos municipais: Orde do 5 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia e agrupacións de concellos, para o equipamento e mellora das instalación e locais utiliza