2016

Peso
6

Prórroga das bolsas de formación en materia de arquivos

Resolución do 21 de decembro de 2016 pola que se aproba a prórroga das bolsas de formación en materia de arquivos convocadas pola Orde do 15 de marzo de 2016, DOG nº 65 de 6 de abril de 2016 por un período de 6 meses, dende o 1 de xaneiro ata o 30 de xuño de 2017

Mellora dos arquivos universitarios, locais e de entidades sen fin de lucro

No ano 2016 foron adxudicadas a través desta liña de subvencións –dotada con 77.740 euros–, axudas para un total de 19 proxectos, entre os que se inclúen os presentados pola Universidade de Santiago de Compostela, polos concellos de Foz, Vedra, Cervo, Boqueixón, Cerdido, Culleredo, As Pontes de García Rodríguez, Coles, Ribeira e Cambre, así como pola Sociedade Galega de Historia Natural, as fundacións Rosalía de Castro, Isla Couto, Luis Tilve, Penzol e Uxío Novoneyra.

Axudas en materia de arquivos

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2015 pola que se procede á publicación dos beneficiarios e importes das axudas concedidas ao abeiro da orde do 6 de marzo de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

Publicación da Resolución no DOG (DOG núm. 6, de 12 de xaneiro de 2016)

Concello de Foz: Dixitalización de libros de actas de sesións do Pleno

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Foz na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 1.889,63€. Os traballos consistiron na Dixitalización de libros de actas de sesións do Pleno

Publicación da resolución das bolsas de formación en materia de arquivos

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2016 pola que se procede á publicación da relación dos beneficiados e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 15 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2016.

Dixitalización de pergamiños do Arquivo Histórico Universitario de Santiago

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Universidade de Santiago de Compostela na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 2.000€.

O Arquivo Histórico Universitario é un arquivo de titularidade universitaria que co paso do tempo foi enriquecendo os seus fondos cun amplo abano de conxuntos documentais de procedencia diversa que o converten nunha sorte de arquivo histórico local na área de Santiago de Compostela.

Organización dos fondos documentais da Fundación Luis Tilve

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, coa Fundación Luis Tilve na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 4.979,78€.

Os traballos consistiron na organización da documentación de organizacións obreiras doadas por particulares ao Arquivo histórico do movemento obreiro da Fundación Luis Tilve, concretamente 50 unidades de instalación de 1903 a 2013.

Dixitalización de fondos documentais do concello de Ribeira

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Ribeira na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 1.989,50€. Os traballos consistiron na dixitalización de 29 libros de actas, de 1917 a 1960, instalados en 5 unidades de instalación.

Dixitalización de libros de actas do concello de Boqueixón

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou, ao abeiro da orde de 10 de marzo de 2016, co concello de Boqueixón na organización do seu arquivo coa concesión dunha subvención de 1.981,74€.

Os traballos consistiron na dixitalización de Libros de Actas de sesións do Pleno dende 1847 ata 1938. En total son 4 unidades de instalación e 2.000 imaxes