Arquivo Central de Cultura

1. Identificación

  • 1.1. Código identificador
    ES GA 15078 ACCU
  • 1.2. Formas autorizadas do nome
    Arquivo Central de Cultura
  • 1.3. Formas paralelas do nome
    Archivo Central de Cultura
  • 1.4. Outras formas do nome
  • 1.5. Tipo de institución conservadora dos fondos
    Pública. Titularidade: autonómica. Categoría: Arquivos xerais e centrais

2. Área de Contacto

  • 2.1. Localización
    San Caetano, bloque 3 15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
  • 2.2. Enderezo
    A CORUÑA
  • 2.3. Teléfono Fax Correo electrónico Páxina web
    Teléfono:
    +34 981 957 573
    Fax:
    Email:
    arquivo.cultura.sc@xunta.es
    Web:
    http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-central-da-secretaria-xeral-de-cultura/index.html
  • 2.4. Persoas de contacto
    Antonio Fernández Domínguez (Técnico Superior de Arquivos)

3. Área de Descrición

  • 3.1. Historia da institución que custodia os fondos do arquivo
    O Arquivo Central da Secretaría Xeral de Cultura xurde coa creación da Consellería de Cultura no ano 1982, unha vez realizados os traspasos de competencias en materia de cultura do Estado á comunidade autónoma de Galicia previstos no Estatuto de autonomía (mediante R.D. 1634/1980, de 31 de xullo). Aínda que durante anos funcionou con persoal eventual, en 2006 se dota de persoal funcionario e entra a formar parte da Relación de Postos de Traballo da Consellería, como unidade dependente da Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa, dentro da Secretaría Xeral. A Consellería de Cultura experimentou dende a súa creación diversas reestruturacións orgánicas e funcionais. Históricamente, as funcións específicas foron desenvolvidas por dúas direccións xerais, ás veces refundidas nunha soa. Unha terá ao seu cargo a dirección e coordinación das actuacións en materia de promoción cultural e do libro e bibliotecas e outra a dirección e coordinación en materia de patrimonio histórico, artístico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico e documental, arquivos e museos. En 1993 creouse unha terceira dirección xeral para as actuacións relativas ao Camiño de Santiago, que na actualidade está integrada como servizo na Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Asimesmo, a promoción cultural do teatro, a danza e a música determinou a creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM) en 1989, substituído en 2008 pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).
  • 3.2. Contexto cultural e xeográfico
    Competencias en materia de cultura e ámbito galego. Custodia doc. relativa ás competencias da consellería na protección, difusión e incremento do Patr. Cult. Galego. Cronoloxicamente delimítase entre a aparición do estado das autonomías e a actualidade.
  • 3.3. Atribucións/fontes legais
    -Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio cultural de Galicia. -Orde do 30 de agosto de 2010, normas para realizar transferencias con destino aos arquivos dependentes da Xunta de Galicia. -Orde do 31 de agosto de 2010 pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia. -Orde do 1 de setembro de 2010 pola que se establecen as normas para a realización de préstamos de documentos entre os arquivos propios e xestionados pola comunidade autónoma e as oficinas da Xunta de Galicia. -Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. -Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia
  • 3.4. Estructura administrativa
    Dirección: secretario xeral técnico da consellería Sección Arquivo
  • 3.5. Xestión de documentos e política de ingresos
    Como arquivo central, recibe transferencias anuais dos distintos servizos, seccións e secretarías das unidades adscritas a Cultura nos servizos centrais. Realiza a formación do persoal das oficinas no tocante á organización e ás transferencias documentais
  • 3.6. Edificio
    Metros cadrados dos depósitos: 225 m² Metros lineais de andeis: 728 Metros lineais de documentación: 653 Unidades de instalación: 4.907 A sede do Arquivo Central coincide coa da Secretaría Xeral de Cultura, no complexo administrativo de San Caetano.
  • 3.7. Fondos e outras coleccións custodiadas
    -Cultura -Dirección -Xestión Administrativa -Xestión Económica -Promoción Cultural -Protección do Patrimonio -Dirección -Xestión Administrativa -Xestión Económica -Promoción Cultural -Protección do Patrimonio
  • 3.8. Instrumentos de descrición, guías e publicacións
    http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal/arquivo-central-da-secretaria-xeral-de-cultura/resources/downloads/Cadro_ACCU.pdf http://albala.arquivodegalicia.xunta.es/cgi-bin/albcgi.exe?CMD=LOGGON&USER=accuweb&PASS=cultura&LINK_TO=VER_ fondos#

4. Área de Acceso

  • 4.1. Horario
    De luns a venres, de 8:15 a 14:45 horas en inverno (22 de setembro a 20 de xuño). De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas en verán (21 de xuño a 21 de setembro). Pechado ao público: tódolos festivos de índole estatal, autonómica e local.
  • 4.2. Condicións e requisitos para o uso e acceso
    Consulta no arquivo. Libre acceso, previa solicitude á Secretaría Xeral Técnica da Consellería. Identificación con DNI ou pasaporte. Acceso aos fondos suxeito á normativa legal vixente en materia de protección de datos e consulta de documentos.
  • 4.3. Accesibilidade
    Acceso para persoas con discapacidade: Si. O complexo administrativo, onde está o arquivo, está conectado co centro da cidade por varias liñas de transporte urbano; 1, 4, 6, P4, C2, P6 (parada da Rúa de San Caetano), 5, P2, C4 (parada da Rúa Anxo Casal).

5. Área de Servizos

  • 5.1. Servizos de axuda á investigación
    Instrumentos de descrición en papel e acceso ás bases de datos dos fondos do arquivo. Servizo de asesoramento para a busca e localización de documentos. Consulta non presencial a través de correo postal, correo electrónico e fax.
  • 5.2. Servizos de reproducción
    Copias en papel e dixitais. Tarifas das reproducións suxeitas a normativa vixente que inclúe copia, autorización para edición ou envío postal. Solicitude para reprodución en sala mediante formulario. Autorización expresa da reprodución para a edición.
  • 5.3. Espazos públicos

6. Área de Control

  • 6.1. Identificador de descrición
  • 6.2. Identificador de institución
    Xunta de Galicia. Subdirección xeral de arquivos
  • 6.3. Regras e/ou convencións
    ISDIAH: Norma Internacional para la Descripción de Instituciones que Custodian fondos de Archivo, 1ª edición, Consejo Internacional de Archivos, 2008.
  • 6.4. Estado de elaboración
    Borrador
  • 6.5. Nivel de detalle
    Parcial
  • 6.6. Datas de creación, revisión ou eliminación
    Creación: 2014-12-19 [ISO 8601]. Revisión: 2015-01-28 [ISO 8601].
  • 6.7. Lingua
    Galego: glg [ISO 639-2]
  • 6.8. Fontes
    Páxina web do arquivo. Guía dos Arquivos da Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, 2012.
  • 6.9. Notas de mantemento