Emigrantes: tierras, gentes, emociones
Entre os de orixe pública destacan os procedentes da Secretaría Xeral de Emigración, todos eles relacionados coas actividades desenvolvidas polas Sociedades Galegas en Arxentina e Cuba e as fotografías, realizadas por Alberto Novoa, presentadas aos Premios Galicia de Comunicación, convocados pola Dirección Xeral de Medios de Comunicación no ano 1989. Os de orixe privada proceden dos fondos da Familia Vilariño Pintos, Familia Pita da Veiga, Casa de Banco e Comercio Bengoechea e da Asociación Cultural O Penedo.
Todos eles ilustran diferentes aspectos do fenómeno migratorio: a diversidade das causas, políticas, relixiosas, económicas ou profesionais; a diversidade dos efectos que xeran, a nivel económico e emocional ou a percepción que a sociedade de cada época tivo deles, dende a consideración como un prexuízo para a patria e a familia ata a valoración como un beneficioso intercambio de persoas, bens, servizos e ideas.