20 Dic 2016 - 20 Mar 2017
Exposición "PAISAXE E PATRIMONIO"
A este interese por coñecer e protexer a paisaxe se suma o ingreso no Arquivo de Galicia de parte do arquivo da desaparecida empresa FOTOGRAFÍA AÉREA Y TERRESTRE, S.L (FOAT, S.L.), que tiña a súa sede en Bilbao, composto por 1.134 negativos orixinais en branco e negro e cor (coa súa correspondente copia dixital) con imaxes das catro provincias galegas tomadas entre os anos 1961-1992.
Por outra parte, o Arquivo de Galicia custodia planos, mapas e fotografías procedentes de distintas unidades administrativas da Xunta de Galicia, que reflicten actuacións que teñen impacto neste patrimonio, como as de Patrimonio Cultural, Medio Rural e Mariño e Obras Públicas principalmente.