8 de marzo, Día Internacional da Muller

8 de marzo, Día Internacional da Muller

8 de marzo, Día Internacional da Muller

O século XX caracterizouse, entre outras cousas, pola masiva incorporación da muller ao mundo laboral. Mesmo, algunhas mulleres racharon as barreiras que limitaban a súa emancipación e, loitando pola igualdade, conseguiron traballar en profesións convencionalmente masculinas.
A principios do s. XX, entre as mulleres que romperon os límites que lles impedían facer traballos igual que os homes, atópanse as mulleres toureiras ou matadoras. Mulleres que, con constancia, valentía, profesionalidade, habilidade, intrepidez, intelixencia e serenidade ante o touro, conseguiron florecer laboralmente nunha profesión exercida tradicionalmente por varóns.